Presentan en Catoira un libro sobre as herbas medicinais

La Voz CATOIRA / LA VOZ

CATOIRA

MONICA IRAGO

O acto está programado para o venres 22 de abril,  na sala Celso Emilio Ferreiro do edificio multiusos

13 abr 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O vindeiro venres 22 de abril, a sala Celso Emilio Ferreiro do edificio multiusos de Catoira acolle a presentación do libro Sete Herbas máxicas para a túa saúde, beleza e benestar, da catoirense Rosalía Bermúdez. No acto, que se celebra ás seis da tarde, esta estará acompañada da autora das ilustracións do libro, Nanda Cabaleiro.

Esta obra é unha introdución ao mundo das plantas medicinais, partindo de sete exemplos que adoitamos atopar na contorna: a melisa, a herba luísa, o romeu, o sabugueiro, o ourego, a salvia e o áloe vera.

As súas páxinas recollen as propiedades, usos máis estendidos e algunhas aplicacións prácticas destas sete herbas máxicas.