O sistema de atención á cidadanía de Ribadumia permitiu resolver arredor de 500 incidencias
CATOIRA
Reposición de sinais, reparación de beirarrúas e puntos de luz, labores de limpeza e mantementos en vías, roturas en liñas de auga ou saneamentos foron algunhas delas
23 abr 2025 . Actualizado a las 15:58 h.O Concello de Ribadumia informa que, no que vai de ano, resolvéronse 500 incidencias no municipio grazas a un sistema de atención á cidadanía habilitado na plataforma municipal en liña «Incidencias e Avarías». Estas tamén poden comunicase por teléfono o nas oficinas municipais.
As intervencións abranguen un amplo abano de situacións, entre as que se inclúen a reposición de sinais, reparación de beirarrúas e puntos de luz, labores de limpeza e mantementos en vías, solución de roturas en liñas de auga ou saneamentos, así como diversas xestións administrativas con outras administracións ou entidades. O Concello informa de que unha elevada porcentaxe destas incidencias foron resoltas nas primeiras 24 horas despois da súa notificación, e outras, nas seguintes 48 horas. «Só unha porcentaxe mínima superou ese tempo, sendo casos que requiren actuacións máis complexas ou que depende organismos alleos ao propio Concello como o bacheado de firmes ou a colocación de espellos en puntos estratéxicos das vías».