A intención é mellorar a conexión entre o Paseo das Lombas e o CPI do Progreso
04 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O alcalde de Catoira, Xoán Castaño, anunciou onte a construción de beirarrúas no Paseo das Lombas para mellorar a conexión entre o centro e o CPI do Progreso ante a inseguridade dos rapaces e rapazas que van ao colexio a pé.
«A intención é crear un itinerario accesible e con seguranza viaria para a rapazada que se traslada camiñando ao centro escolar», comenta Castaño.
Cativas a cativos de entre 3 e 16 anos viven a diario situacións de inseguridade no tránsito das súas casas ata o colexio, tendo que transitar pola marxe da estrada á vez que os coches.
Castaño informa que o goberno local encargou o proxecto de mellora que contempla unha nova beirarrúa para unha lonxitude duns 110 metros, con lousado e con conexións que cumpren coa normativa vixente de accesibilidade. Ademais, para garantir a continuidade do itinerario peonil dende a zona máis residencial e céntrica da vila habilitaráse tamén un novo paso de peóns que garantirá o cruce seguro entre as beirarrúas existentes e as de nova construción.
O proxecto conta cun orzamento de 48.386 euros, dos que a Xunta achegará o 70 % e o Concello de Catoira o 30 % restante. A obra podería finalizar a mediados de outono.