O Asmubal Meaño aguántalle só dez minutos ao Rocasa B (32-19)

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

MEAÑO

05 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Dez minutos. Iso foi o que durou a resistencia do Inelsa Solar Asmubal Meaño na súa visita ao filial do Rocasa Gran Canaria de Liga Iberdrola. As numerosas perdas de balón comezaron a pasarlles moi pronto factura ás de Juan Manuel Costas, que ao descanso xa se vían dobradas no marcador, 15-8, para acabar claudicando cun definitivo 31-19.

As sensibles baixas de Cárol Ferreira e de Raquel Sineiro, que seguirán inéditas a lo menos unha semana máis, sumadas á de Sabela Miniño, que por traballo non poderá desprazarse co equipo fóra de Meaño este ano, pesaron demasiado nun equipo con só trece efectivos, incluídas dúas xogadoras inda xuvenís, e que voaba ás sete da mañá de onte a Gran Canaria sen dispoñer de apenas tempo de recuperación da longa viaxe.