27 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.
O Concello de Meis contratará a sete persoas ao abeiro do plan Máis Provincia para cubrir as prazas de fontaneiro, peón de obras, albanel, electricista e pintor. Os contratos serán por oito meses e formalizaranse a través do Servizo Público de Emprego de Cambados. O Concello vén de informar da oferta de emprego a través dun bando.