
Será ás 19 horas no auditorio municipal
23 may 2025 . Actualizado a las 13:36 h.A Deputación de Pontevedra leva este domingo o circuíto +Escénicas a Meis da man do espectáculo familiar Superharte, a cargo de Patty Diphusa. A cita será no auditorio municipal ás 19 horas. Trátase dun número de clown que pretende dar a clave para evitar que os medos paralicen especialmente ás nenas e os nenos aos que todo o mundo lles din que non poden. «É dun espectáculo cunha mensaxe de apoderamento para vencer eses medos e que todas as persoas sexan quen de facer o que parece imposible», segundo explica a Deputación.