O PP culpa ao PSOE do retraso na obra do centro de saúde e da falta de médicos e a alcaldesa acúsaa de defender os intereses de partido por riba dos de Meis
MEIS

Marta Lucio lamenta que Marta Giráldez tenga «a pel tan fina» e xustifica a demora do proxecto na burocracia, algo que rexeita a socialista
27 jun 2025 . Actualizado a las 10:53 h.As queixas da alcaldesa de Meis polo retraso que acumula a construción do novo centro de saúde levan á voceira municipal do PP, Marta Lucio, a culpala deste retraso aplicando por aplicar a «lei do embude». «Máis alá do emprazamento, o que importa é que o centro de saúde se faga e, por moito que lle doa, que ese é o motivo das súas críticas fóra de lugar, vaino facer unha administración gobernada polo PP, pero do que ten que dar explicacións é de porque mercou a Finca de Parga e os seus 14.000 metros cadrados recurrendo a un crédito co conseguinte incremento da débeda municipal cando só se precisaban 1.000», sinalou a concelleira popular.
Lucio lamentou que a rexedora «teña a pel tan fina» cos prazos, «porque é perfectamente consciente de que en toda España hai unha burocracia e un sistema garantista que sempre dilatan todas as obras, pero insistiu en que gran parte deste tempo de agarda débese en exclusiva a xestión municipal socialista. Tamén falan os populares das queixas pola falta de médicos en Meis. Di que a Xunta cumpre os seus deberes e pídelle a Marta Giráldez que chame «na xanela do Goberno de España, que é o responsable da formación e ten bloqueadas e conxeladas as prazas mir, polo que as comunidades autónomas, absolutamente todas, tamén as do PSOE, teñen o problema de non dispoñer de suficientes médicos de familia».
A escaseza de persoal levou o pasado sábado ao BNG a facer unha recollida de sinaturas ás portas do centro de saúde.
Pola súa banda, Marta Giráldez, declara recibir «con pesar» as declaracions da voceira do PP «porque tendo unha vez mais a oportunidade de defender os intereses da veciñanza de Meis opta por xustificar a inoperancia da Xunta».
«Isto é o que distingue a forma de facer duns e outros: as miñas siglas por enriba de todo son Meis, e as da señora Lucio xa sabemos cales (as do seu partido antes que os seus veciños e veciñas). Unha magoa. Eu non teño a pel fina, ben o contrário, deixome a pel defendendo o meu Concello e aos meus veciños. A ver si se lle pega algo ao PP», engade a alcaldesa.
«A tal burocracia a sufrimos todas as administraciones e se o Concello con poucos recursos pode, a Xunta con moitos máis medios, tamén. Dous anos e médio para licitar a redacción dun proxecto. Este e un dato obxetivo e sen paliativos».
En anto á falta de médicos, a socialista di: «O mantra do PP para xustificarse pero nin pés nin cabeza: Galicia ten todas as prazas mir que solicita, non ten máis porque non pide máis; co Goberno actual convócase cada ano máis do dobre de prazas para medicos de familiar que con Rajoy; contratar médicos é unha competencia exclusiva da Xunta; en Galicia moitos medicos e médicas non queren ir aos centros de saúde porque teñen das peores condicións laborais de España».