Un 30-26 que lle dá ao cadro grovense dous puntos de vantaxe máis o goalaverage
13 mar 2018 . Actualizado a las 05:00 h.Importantísimo triunfo o colleitado o pasado sábado polo Calmear Rasoeiro na Pavillón Novo Monte da Vila sobre o oitavo clasificado, o OAR Coruña. Un 30-26 que lle dá ao cadro grovense dous puntos de vantaxe máis o goalaverage que xa lle permitía vivir fóra da zona de descenso na súa pelexa pechada coa S.A.R. por evitar o penúltimo posto da clasificación final -o equipo redondelán perdeu 24-25 co Luceros, que pasa de décimo a noveno na táboa-.
Conscientes de estar diante dun rival cos dous máximos goleadores do grupo galego da Primeira Estatal, Kito Parada ordenou unha defensa en 4-2 sobre Daniel e sobre Pedro. Vendo que deste xeito lle deixaba demasiados espazos ao resto do ataque do OAR, cos que obtivo un 1-7 de saída, o Rasu pasou a 5-1 con marcaxe individual só sobre Pedro. Así foi como, sen moitos erros no pase en ataque, os de Parada foron recurtando terreo ata poñerse por diante no minuto 24 cun gol do propio Kito, non abandonando logo o control do partido agás en dous empates.