![](https://img.lavdg.com/sc/L7lp5oyUJBzp5cWvA0JP03NTK4s=/480x/2019/09/29/00121569772082114826911/Foto/AS29C1F1_174617.jpg)
O Concello do Grove, SeoBirdLife e o grupo de voluntariado de Alcampo participaron nesta iniciativa
29 sep 2019 . Actualizado a las 21:00 h.O concello do Grove en colaboración coa SeoBirdLife e o grupo de voluntariado da empresa Alcampo levaron a cabo unha xornada de concienciación ambiental que consistiu na retirada de residuos mediante a limpeza manual no areal de Raeiros e a eliminación dunha importante masa de Carpobrotus (uña de gato),una especie invasora cunha gran presenza no complexo dunar da zona. Non é a primeira vez que se fai unha actividade así: o concello do Grove leva anos colaborando coa SeoBirdLife en campañas ambientais que ven a reforzar a eliminación anual que se fai cos institutos e outras entidades, das plantas invasoras que se propagaron polo complexo dunar de Raieros e Area da Cruz. Desta volta retirouse unha importante cantidade de plantas invasoras.