O Golfiño de Pontecesures, entre as administracións que repartiron o primeiro premio do sorteo especial de xaneiro da Lotería Nacional

La Voz PONTECESURES / LA VOZ

PONTECESURES

Imaxe da celebración do primeiro premio do Sorteo Extraordinario de El Niño do 6 de xaneiro do 2016 vendido en O Golfiño de Pontecesures
Imaxe da celebración do primeiro premio do Sorteo Extraordinario de El Niño do 6 de xaneiro do 2016 vendido en O Golfiño de Pontecesures MONICA IRAGO

O establecemento leva entregado varias boas alegrías nas últimas tres décadas

21 ene 2023 . Actualizado a las 23:44 h.

O Golfiño, a Administración Número 1 de Pontecesures, é unha das catro administracións que este sábado repartiron o primeiro premio do Sorteo Especial de Enero da Lotería Nacional. Fíxoo coa venda do número 93.025, agraciado con 100.000 euros ao décimo. Outros dous puntos de venda de Madrid e un de Bilbao completan a nómina de establecementos que despacharon o número elixido pola sorte. 

Este é o sexto gran premio repartido polo Golfiño de Pontecesures. Unha serie afortunada que arrincaba o 13 de marzo de 1997 cos 948.000 euros a unha Primitiva de 6 acertos. Na administración cesureña selouse tamén un pleno ao 15 de La Quiniela o 24 de xaneiro do 2010. Seguiríanlle o segundo premio da Lotería Nacional do 28 de marzo do 2013, ao número 00790, un premio de 5 acertos máis o complementario de La Primitiva o 15 de maio do 2014 e o primeiro premio do Sorteo Extraordinario de El Niño da Lotería Nacional do 6 de xaneiro do 2016.