Pontecesures pide melloras para a N-550 e a ponte sobre o río Ulla
PONTECESURES / LA VOZ
PONTECESURES
![Visita do subdelegado do Goberno en Pontevedra ao Concello de Pontecesures](https://img.lavdg.com/sc/xRGg0BCmTZPl_g6dKQrMDmOBNj8=/480x/2024/05/10/00121715355181330305234/Foto/A_20240510_142216000.jpg)
Tamén solicita un paso de peóns na zona de Redondo e unha parada de transporte escolar
11 may 2024 . Actualizado a las 20:49 h.O Concello de Pontecesures solicítalle á Subdelegación do Goberno en Pontevedra diversas melloras para a N-550 e a ponte interprovincial sobre o río Ulla, así como actuacións na estación de tren e a instalación de semáforos. Fíxoo co gallo da visita do subdelegado Abel Losada ao Concello, na que o goberno local puso sobre a mesa a necesidade de sinalizar un paso de peóns na zona do Redondo, habilitar unha parada de transporte escolar e elaborar un informe técnico que analice o estado do viaduto «xa que aparentemente hai deficiencias notorias que saltan á vista», segundo informan desde o Concello.