O PP de Pontecesures critica o «mal funcionamento» do servizo de recollida de lixo

S.D. PONTECESURES / LA VOZ

PONTECESURES

Manuel Vidal, voceiro do PP en Pontecesures
Manuel Vidal, voceiro do PP en Pontecesures MARTINA MISER

O grupo pide al goberno municipal que se adhira ao modelo de Sogama 

14 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O grupo popular do Concello de Pontecesures vén de criticar un «grave problema» que ten a localidade debido ao «mal funcionamento» do servizo de recollida e tratamento de residuos.

Pontecesures leva dende 2005 adherido á planta de Lousame, xestionada pola Mancomunidade do Barbanza. Segundo os populares este é «un modelo fracasado» impulsado polo grupo municipal do BNG «na busca de unha alternativa a Sogama, que está a ser totalmente ineficiente».

Os populares non só apuntan ao mal funcionamento, senón ao custo «moito maior no tratamento de lixo posto que supera os 150 euros por tonelada cando Sogama está en 108». Ademais de que, segundo eles din, non cumpriría coas esixencias de Europa neste eido.

O asunto foi debatido no pleno extraordinario desta semana, no que o PP pediulle ao goberno bipartito que «saia canto antes deste modelo ou abocará ao Concello a unha desfeita no servizo e a un abismo económico nas arcas municipais».

O grupo popular recórdalle ao goberno que «no anterior goberno, o PP fixo os deberes elaborando un estudo de viabilidade para establecer un novo modelo de xestión» e lamentan que a nova corporación non botara man dese traballo.