Ribadumia valora como éxito unha Festa do Pan na que se repartiron 1.500 racións
RIBADUMIA / LA VOZ
RIBADUMIA
O Concello fala dunha asistencia dunhas 2.000 persoas
14 ago 2024 . Actualizado a las 20:02 h.A vixésimo primeira edición da Festa do Pan en Ribadumia volve a ser cualificada como un éxito por parte do Concello que onte fixo balance; a cita reuniu a arredor de dúas mil persoas procedentes non só de Galicia, se non tamén do resto de España e ata Francia, e despachou 1.500 racións de pan con ovos fritos. No menú tamén había empanada, polbo á feira e varios tipos de pan.
Na festa triunfaron outros dous produtos: as chulas preparadas por Dolores Soto e as papas de fariña milla feitas por Dolores Bemposta. Estas son dúas mulleres que conseguiron recuperar as receitas que se perderan e que o sábado se esgotaron, ao igual que as tostas. O único que sobrou foi o viño, segundo informan desde o Concello de Ribadumia.