O PSOE de Ribadumia propón aplicar bonificacións fiscais para a eficiencia enerxética
RIBADUMIA

Os socialistas abogan na moción que presentan este xoves no pleno por aplicar descontos no IBI e no ICIO
04 sep 2024 . Actualizado a las 12:55 h.O grupo municipal do PSdG-PSOE de Ribadumia presentará no pleno deste xoves unha moción na que se piden políticas de promoción da eficiencia enerxética nas vivendas do municipio a través de bonificacións fiscais aproveitando as oportunidades que a lei permite.
En concreto, a moción propón establecer bonificacións no imposto sobre bens inmobles (IBI) e no imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICIO) para aqueles propietarios que instalen sistemas de enerxía renovable ou realicen obras de mellora da eficiencia enerxética. Concretamente, bonificacións no IBI entre o 30 % e o 50 % e de ata o 90 % de bonificacións no ICIO, por unha duración mínima das bonificacións de cinco anos.
O portavoz socialista, Javier Mougán, considera que «a implementación destas bonificacións é crucial para que Ribadumia lidere a transición cara a un desenvolvemento máis sostible, reducindo a pegada de carbono e demostrando que incluso pequenas localidades poden ter un impacto significativo na loita contra o cambio climático».
O concelleiro destaca a importancia de que o Concello responda á crecente demanda dos veciños que xa están a realizar este tipo de obras, non só apoiando estas iniciativas, senón tamén recoñecendo o esforzo daqueles que xa fixeron investimentos significativos en prol da eficiencia enerxética.