Somos denuncia que hai unha fuga de auga en Ribadumia que leva cinco meses sen reparar
RIBADUMIA
Falan de «pasotismo e chapuza» do Concello
06 mar 2025 . Actualizado a las 13:54 h.Somos denuncia a existencia dunha rotura na rede de auga pública na parroquia de Ribadumia que está a provocar fugas desde hai cinco meses. «O concello actuou varias veces pero non a reparou. Centos de litros de auga, que se paga con cartos públicos, estragada a diario e o goberno mirando para outro lado», indica o grupo da oposición. «Dende a nosa formación asumimos que unha reparación poida complicarse ou dar problemas, o que non podemos aceptar é o pasotismo e a chapuza. Os veciños levan meses chamando ao Concello avisando de que segue saíndo auga e a única solución do goberno local foi ir reasfaltar cando a auga desfixo o asfaltado que se usara ara tapar a gabia».
«Pedimos dilixencia na reparación das fugas que, como no caso do que falamos hoxe, son coñecidas, e esiximos que se cumpran as normas e que o goberno realice a auditoría da rede de abastecemento para definir canta auga se está perdendo e poder actuar para controlar esa perda».