Ribadumia ultima a fase previa do Arousa Fútbol 7

La Voz RIBADUMIA / LA VOZ

RIBADUMIA

MARTINA MISER

Este tramo do torneo desenvolverase entre os días 17 e 20 de abril

16 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Ribadumia xa está a piques de vivir un dos eventos deportivos máis importantes da tempada: a fase previa do Arousa Fútbol 7. O torneo, que se celebrará do 17 ao 20 de abril na Senra, contará coa participación de 80 equipos e máis de 1.200 xogadores e xogadoras, nunha cita que promete un altísimo nivel e unha gran afluencia de público, como vén sendo habitual en edicións anteriores. Nas últimas horas ultímanse os preparativos por parte do equipo organizador como do Concello, co obxectivo de garantir unha experiencia deportiva e humana á altura do torneo.