Volven aparecer pintadas e danos na contorna da escola infantil de Ribadumia e no Concello falan de «boicot»

La Voz RIBADUMIA / LA VOZ

RIBADUMIA

O goberno local apela á concienciación cidadá e fala dunha situación «moi grave»

25 abr 2025 . Actualizado a las 16:03 h.

No contorna da Escola Infantil Municipal de Ribadumia seguen a rexistrarse actos vandálicos. A pasada fin de semana detectáronse novos danos que afectaron aos materiais das obras de mellora que se están a executar na instalación, pintadas nas persianas do centro e pequenas queimaduras no exterior.

Dende o Concello falan de boicot aos equipamentos públicos e cualifican a situación de «moi grave» ao tempo que fan un chamamento á poboación apelando á responsabilidade individual e colectiva. Lembra o equipo de goberno que as obras que se están a executar neste espazo favorecerán á comunidade educativa e piden maior concienciación social co que é de todos.

O Concello de Ribadumia puxo en coñecemento das autoridades competentes os feitos acontecidos e interpuxo a correspondente denuncia, co obxectivo de evitar que se repitan novas accións deste tipo e establecer unha maior vixilancia na zona.