A quinta edición da carreira XCO Kiwi Atlántico será o Campionato Galego este sábado

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

RIBADUMIA

Organizada polo Club Clicista Ribadumia, contará con máis de 250 ciclistas de montaña

19 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Club Ciclista Ribadumia, a empresa patrocinadora e o Concello de Ribadumia presentaron onte a quinta edición da XCO Kiwi Atlántico, a proba da modalidade olímpica do ciclismo de montaña que na tarde deste sábado se disputará na contorna e no interior das instalacións da firma alimentaria de Leiro.

O presidente do club organizador, Javier Pombo, informou de que este ano, por primeira vez, a Kiwi Atlántico será tamén o Campionato Galego de XCO. Unha cita que a sete horas do peche do prazo de inscrición contaba onte con 250 participantes anotados nas súas sete categorías de idade. O sábado serán tres as saídas, cos infantís comezando ás 15 horas, os cadetes e os máster 40 ás 16.15 e os júnior, sub-23, elite e máster 30 ás 17. Por diante, entre dúas e sete voltas a un circuíto de 4,3 quilómetros.