A piscina de Ribadumia abre este venres

La Voz RIBADUMIA / LA VOZ

RIBADUMIA

MONICA IRAGO

Funcionará todos os días da semana durante o verán

26 jun 2025 . Actualizado a las 16:09 h.

O Concello de Ribadumia abre hoxe a piscina municipal de maneira que todas persoas interesadas en utilizar este servizo poden acudir ao Concello para renovar ou solicitar o seu carné de acceso.

Con este documento, os veciños do municipio poderán facer uso desta instalación por 1 euro todo o verán. No caso dos residentes noutros concellos, o importe ascenderá a 30 euros para nenos de ata 9 anos e 50 euros mes a partir dos 10 anos. En caso de non ter a credencial, a rapazada de ata 9 anos poderá acceder ás instalacións por 1,50 euros ao día e por 3 euros no caso dos maiores de idade.

Para solicitar o carné, deberase aportar unha fotocopia do DNI, dúas fotos tamaño carné, unha fotocopia da tarxeta sanitaria, a súa dirección actual e un número de teléfono.

A piscina, situada nas instalacións náuticas de Cabanelas, estará aberta todos os días da semana en horario de 15 a 21 horas. Aínda que contará coa pertinente vixilancia de socorristas, os menores de 10 anos deberán ir sempre acompañados dun adulto, segundo informa o Concello.

A veciñanza que precise máis información, poderá poñerse en contacto coas oficinas municipais, ou chamar ao 986 71 84 91, de luns a venres de 8 a 14 horas. O goberno local invita á veciñanza a desfrutar dese servizo de ocio tan demandado no verán.