Operarios do Concello sacarán lustre as fontes e lavadoiros de Ribadumia
RIBADUMIA
O goberno local considera que se tratan de espazos de «gran valor histórico e etnográfico»
09 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O Concello de Ribadumia vén de poñer en marcha unha campaña de posta a punto e limpeza das fontes e lavadoiros do municipio.
Unha partida de traballadores municipais pasarán as vindeiras semanas levando a cabo labores de mantemento nestes espazos, pasando por tódalas parroquias do Concello, «dende Sisán ata Lois».
O Concello cifra en 40 as infraestruturas nas que actuará. Segundo o goberno local «a actuación permitirá mellorar a accesibilidade e o uso cotián por parte da veciñanza, así como favorecer que as persoas visitantes poidan coñecer de primeira man o patrimonio de Ribadumia».
E é que varias destas fontes e lavadoiros contan, segundo o ente municipal, cun «gran valor histórico e etnográfico», máis aló do uso que aínda lle dan os veciños. Un valor ao que esperan dar lustre a través destas actuacións.