Cen novas troitas en Mina Mercedes (Valga)

La Voz

VALGA

cedida

A solta fíxoa persoal de Medio Ambiente

17 jul 2021 . Actualizado a las 14:31 h.

Mina Mercedes, en Valga, segue recibindo novos hóspedes. A xefatura provincial de Medio Ambiente fixo o venres unha solta de cen troitas, unha acción coa que se contribúe á repoboación do couto de pesca recreativa sen morte constituído na lagoa dende febreiro de 2012. Os peixes teñen unha talla que oscila entre os 16 e 20 centímetros.