O BNG de Valga denuncia que o Concello carece dunha defensa contra incendios

G. B. BANDÍN / S. G. VALGA / LA VOZ

VALGA

Martina Miser

O partido nacionalista sostén que os traballos de prevención realizados polo goberno municipal son «case inexistentes»

20 ago 2025 . Actualizado a las 18:13 h.

En plena vaga de lumes, o BNG expón ao Concello de Valga e sentencia que non conta «con medios de prevención e extinción propios pola incapacidade do goberno para formar a brigada contra incendios». O partido di que a desaparición do Grupo de Emerxencias Supraminicipal (GES) no 2019 xerou a dependencia do Distrito Forestal XIX Caldas-O Salnés. Por iso, tendo que desprazar o servizo ata Valga, hai un aumento no tempo de resposta.

O goberno local asinou convenios coa Xunta para crear unha brigada contra incendios que, segundo o BNG, non cumpre co período de actividade, ademais de que os traballos de prevención son «case inexistentes»: «Non se realizaron a maioría dos labores de roza, rareo ou eliminación de restos». Os nacionalistas consideran que a situación reviste unha extrema gravidade e que a Administración incumpre a mesma lei que si lle esixe respectar á veciñanza.

A maiores, no seu escrito, o partido propón unha serie de propostas nas que destacan «a recuperación da brigada municipal con persoal operativo durante todo o verán» e «volver dotar ao Concello de medios materiais propios (motobomba e vehículo lixeiro de intervención)».