Publícase un libro que repasa parte da historia de Valga

La Voz VALGA / LA VOZ

VALGA

Cedida

O profesor da Universidad de Oviedo Diego Piay Augusto tira do coñecemento extraído dos xacementos arqueolóxicos escavados na localidade

27 ago 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O libro O territorio de Valga en época romana. Do asentamento dos Cileni á villa Valliga, de Diego Piay Augusto, mestre na Universidad de Oviedo, acaba de ser publicado pola editorial Hércules Ediciones e será proximamente presentado en Valga, xa que conta co apoio do Concello e da Secretaría Xeral da Lingua.

A obra estuda os xacementos arqueolóxicos escavados ata ao de agora no municipio e que permiten reconstruír o relato dende o período posterior á conquista romana, cando o territorio estaba habitado pola poboación dos cileni, e ata o final da antigu?idade, pouco antes de que nas fontes escritas apareza a primeira referencia á villa Valliga.