Valga adquire dúas máquinas trituradoras de madeira para o uso dos veciños

La Voz VALGA / LA VOZ

VALGA

Poderán pedila prestada todos aqueles que conten nos seus domicilios con composteiro

14 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Valga fixo pública a adquisición de dúas microtrituradoras de restos vexetais, máquinas que teñen pensado empregar para a eliminación de restos leñosos das podas que se leven a cabo no municipio.

A adquisición supuxo un custo de 697,57 euros, dos cales 518,85 corresponden a unha subvención da Consellería do Medio Ambiente para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal e a implantación de servizos de recollida separada de biorresiduos, aceites de cociña usados e téxtiles. O triturado resultante do uso destas máquinas pode ser empregado para a fabricación de compostaxe.

O Concello informa de que dispón actualmente de catro máquinas destas características que poden ser solicitadas polos veciños que conten con composteiros nos seus domicilios. Os préstamos teñen unha duración de tres días, pero poden solicitarse tantas veces coma os interesados desexen, sempre deixando unha semana entre cada demanda. Aqueles que aínda non dispoñen de composteiro poden solicitar a súa instalación, tamén de xeito gratuíto, nas oficinas do Concello.