Melania Rodríguez, campioa do mundo: «Cando me dixeron que aparecía no belén de Valga decidín vir velo; é precioso»

La Voz VALGA / LA VOZ

VALGA

<span lang= gl >Melania Rodríguez diante do belén que lle rende homenaxe</span>
Melania Rodríguez diante do belén que lle rende homenaxe Concello de Valga

O Nacemento pódese visitar dende o pasado domingo 

05 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Belén Artesanal en Movemento recibiu onte a visita da ximnasta natural de Ponteareas Melania Rodríguez, que aparece representada na montaxe coa medalla de ouro que conquistou na modalidade de dobre minitramp no último Campionato do Mundo, que se disputou en novembro en Pamplona.

A deportista, que adestra no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, fixo unha escapada a Valga para comprobar se era certo o que lle dixeran: «Un día, cando ía xantar, as camareiras do CGTD dixéronme que aparecía no belén. Foi a primeira noticia que tiven e propúxenme vir a velo. Pareceume impresionante, non me esperaba que fora tan grande nin con tantas figuras. Encantoume, é precioso», dixo a ximnasta ao rematar o percorrido polo nacemento, que incluíu unha baixada ao foso para que puidera apreciar todos os mecanismos que dan movemento ás figuras. A deportista amosouse moi ilusionada por este recoñecemento que o belén lle fai polos seus éxitos máis recentes e, en xeral, por toda a súa traxectoria. Aos seus 24 anos acumula cinco medallas en campionatos mundiais de ximnasia en trampolín, catro en campionatos europeos e outras dúas nos xogos mvalgundiais.