O E. Otero pasa a liderar a clasificación cun triunfo sobre o pechacancelas

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

O Vilagarcía Cocinas Bulthaup tamén supera o Móstoles

15 nov 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Xornada redonda a protagonizada polos dous representantes arousáns na División de Honra de tenis de mesa, a categoría de prata española. Co Establecimientos Otero e co Vilagarcía Cocinas Bulthaup, o primeiro plantel da sección do Liceo Casino, impoñéndose ao pechacancelas do Grupo 1, o C.T.M. Móstoles. Resultado no caso cambadés que aúpa o conxunto adestrado por Ñajo Padín ao primeiro posto da clasificación, con catro triunfos e unha derrota, se ben cun partido máis có inda invicto Irún Leka Enea.

O Establecimientos Otero impúsoxe con autoridade, 5-1, ao C.T.M. Móstoles no primeiro partido do cadro madrileño no seu desprazamento a Galicia. Con Rafael Taboada abrindo o marcador cun 3-0 sobre Borja Sánchez, e con Denis Conic voltando igualar o choque ao impoñerse 1-3 a Guillermo Sánchez. O canteirán cambadés Fernando Padín abríu entón a sucesión de catro puntos a prol do E. Otero cun 3-0 a Emilio García: Taboada 3-2 Conic, Padín 3-0 Sánchez, e Guillermo Sánchez 3-0 Emilio García.

O domingo o Vilagarcía Cocinas Bulthaup precisou do desempate no dobres para superar 4-3 o C.T.M. Móstoles, con esta sucesión de resultados: Sergei Nigeruk 0-3 Sánchez, Guillermo Correa 1-3 Conic, Ramón Mampel 3-0 García, Nigeruk 2-3 Conic, Mampel 3-1 Sánchez, Correa 3-2 García; e Nigeruk/Mampel 3-2 Conic/Sánchez.