O árbitro ACB Carlos Cortés dará unha charla no IES Bouza Brey
VILAGARCÍA / LA VOZ
VILAGARCÍA DE AROUSA
A conferencia do tamén colexiado da Euroliga está aberta a todos os públicos
17 nov 2016 . Actualizado a las 05:00 h.O Ciclo de Baloncesto do Instituto Fermín Bouza Brey ofrecerá mañá venres na súa aula de debuxo unha charla do árbitro coruñés da Liga Endesa ACB, Carlos Cortés. Un colexiado que xa arbitrou a final da Copa do Rei e partidos da final da segunda mellor liga de baloncesto do mundo, e que actualmente tamén dirixe competicións europeas como a Euroliga masculina e feminina ou a FIBA Eurocup.
A charla vai dirixida aos alumnos do grao medio e superior de baloncesto, pero tamén a calquera xogador, adestrador, árbitro e afeccionado que queira aprender da experiencia de Carlos Cortés.