O Centro Comercial Arousa renóvalles o seu patrocinio aos Ingleses

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

Entrégalles un cheque de 1.500 euros para gastos na gran superficie

18 nov 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Bo día o de onte para o rugbi vilagarcián. Coa sinatura do acordo de prórroga do patrocinio anual que xa viña mantendo o Centro Comercial Arousa cos Ingleses R.C. Unha liña anual de 1.500 euros para gastos en establecementos da propia gran superficie vilagarciá que supón un notable respaldo a nivel de adquisición de material para o modesto club local.

Así o manifestaba onte a súa presidenta, Isabel Fernández, quen subliñaba a dificultade que un equipo de rugbi ten para atopar firmas que o respalden respecto a un deporte coma o fútbol. «Para nós é súper complicado ter patrocinadores deste tipo», dixo, de aí que celebre a boa nova.

Durante o acto de renovación do convenio, no propio Centro Comercial Arousa e con participación do seu xerente, Luis González de la Ballina, ambas entidades procederon tamén á entrega dos diversos premios sorteados entre os asistentes ao recente Oktoberfest organizado polos ingleses na gran superficie como outra vía de ingresos máis.