Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Mecos e Vilaxoán pelexan polo Nacional de Traiñeiriñas

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

A tripulación sénior feminina do Grove aspira a ampliar o seu palmarés tras conquistar a semana pasada o título galego

03 jun 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

A tempada de traiñeiriñas chega esta fin de semana á súa fin nas augas moañesas de Meira. Faino cun Campionato de España con presenza de tres tripulacións absolutas do C.R. Mecos e do C.R. Vilaxoán, e con alomenos unha delas partindo na nómina de favoritas ao título en xogo.

Trátase da bancada absoluta feminina do C.R. Mecos. E iso, despois de facerse o pasado domingo no porto de Cabo de Cruz, Boiro, coa bandeira que a acredita coma vixente campioa galega de traiñeiriñas; nunha final na que Vilaxoán finalizou quinta. O feito de que Pasai Donibane Koxtape se inscribise coma única embarcación de fóra de Galicia no Campionato de España permitíu recuperar a tripulación vilagarciá. Náutico de Ribeira, Samertolameu e Chapela son os outros aspirantes femininos. Só un dos seis barcos quedará fóra da final de mañá pola mañá.

A traiñeiriña masculina do C.R. Mecos, cuarta no Campionato Galego, ten hoxe como rivais polas cinco prazas para a final a Cabo de Cruz, Castropol, Ziérbana, Tirán, Bermeo, Moaña e Meira.