A fraxilidade defensiva cústalle outros 3 puntos ao Arousana

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

MARTINA MISER

O equipo vilagarcián encaixou  un "hat-trick" da goleadora do Victoria F.C., Ángela

30 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Buscaba o Atlético Arousana o domingo encadear a que tería sido a súa terceira xornada en positivo na Liga de Segunda División feminina. Pero unha semana máis o conxunto de Juan Laxes ofreceu unha escasa fiabilidade defensiva, que lle acabaría custando a derroata ante un Victoria F.C. de Santiago que aspira a ser o primeiro da Liga tras a particular pelexa polo título que manteñen o Oviedo Moderno e o Dépor.

O Arousana adiantouse por medio de Miri no 16, para sufrir despois a visitante Ángela, autora dun hat-trick entre os minutos 23 e 60. Bárbara recurtou no 79, e Belén, asistente nos dous tantos locais, estrelou despois o balón na madeira, quedando sen premio a reacción final vilagarciá. O Arousana é cuarto pola cola da táboa con 5 puntos en sete xornadas.

FICHA:

ATLÉTICO AROUSANA (2): Pipa, Carla Moital, Arufe, Carla Falcón, Caro (Bárbara, min 25), Zai (Marta, min 64), Laura, Miri, Sara González (Laura Vila, min 64), Ana e Belén

VICTORIA F.C. (3): Carmen, Miri, Carla, Ángela (Noela, min 65), Ánxela, Gara, Alba Torres, María, Eva, Inés (Albita, min 61) e Navia

Goles: 1-0, min 11: Miri. 1-1, min 23: Ángela. 1-2, min 52: Ángela. 1-3, min 60: Ángela. 2-3, min 79: Bárbara. 

Árbitro e tarxetas: Luis Lois (Colexio Galego). Expulsou por dobre amonestación a defensa vilagarciá Carla Falcón (min 88). Tamén amonestou con cartón amarelo a Belén e as xogadoras visitantes Albita e Carla.