O arousán Adrián Montáns gaña o título absoluto do Masterchess Centro Comercial Arousa
VILAGARCÍA DE AROUSA
![](https://img.lavdg.com/sc/4G-msJTCkvbkoQ0JeMtg_GRCu0g=/480x/2022/05/14/00121652550425336167693/Foto/A14Y2046.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/DLr_Z8CYUgiWPTN033ZYOTMH4XE=/480x/2022/05/14/00121652550423849987250/Foto/A14Y2051.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/GX0YLPFMT0kf4iMEAGUXfmvdQxc=/480x/2022/05/14/00121652550424490775736/Foto/A14Y2053.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/7kQ5Zbk0EoeSsMyrgdlDlU8VJ38=/480x/2022/05/14/00121652550483521313251/Foto/A14Y2056.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/Gb7OrEzGIDSqoucnxz0IryBGNt4=/480x/2022/05/14/00121652550425505625242/Foto/A14Y2049.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/rA1zUdvSOuQDgRan4LCMDAQAvyc=/480x/2022/05/14/00121652550482881157165/Foto/A14Y2055.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/VQkN8OQnNccb07IVYlRr2VZUERQ=/480x/2022/05/14/00121652550424655627756/Foto/A14Y2054.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/Y6hiaj5lYkhn7rjeKJ8zApeeQ_s=/480x/2022/05/14/00121652550482714328318/Foto/A14Y2048.jpg)
A cita congregou a 196 xadrecistas na gran superficie vilagarciá
15 may 2022 . Actualizado a las 05:00 h.Unha festa do xadrez. Niso se converteu onte o Masterchess Centro Comercial Arousa disputado na gran superficie da Vilagarcía e que serviu de apertura do Circuíto Galego de Promoción 2022. A cita rozou os 200 participantes, 196 para ser precisos, cifra só acadada polas probas con máis tirón do Circuíto, que soen congregar a entre 120 e 150 xadrecistas.
Adrián Montáns, do anfitrión Club Xadrez Fontecarmoa de Vilagarcía, fíxose co trofeo de gañador da categoría absoluta, con 6,5 dos 7 puntos posibles e empatado con Xabier Pérez, do Mos; Miguel Palacios, do E.X. Pontevedra, foi terceiro con 6 puntos.
Tamén no cadro absoluto, pero na subcategoría sub-16, a vitoria foi para Luca Rey (C.X. Fontecarmoa), para David Cernadas (Marquiño) na sub-18, para Antonio Susavila (Padrón) na veterana e para Marta Rodríguez (C.X. Fontecarmoa) na feminina.
No Circuíto, Javier Lema (Padrón) foi o gañador sub-8, David Álvarez (Lucena) o sub-10, Hugo Souto (Mos) o sub-12 e Yago Fernández (Marquiño) o sub-14.