
Os socios do Arousa coñecerán tamén ese día as contas da entidade e o balance deportivo da última campaña
28 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.A directiva do Arousa vén de convocar os socios da entidade para dúas asembleas o venres 9 de xuño, na sala de reunións do Hotel Castelao. A primeira, a xeral ordinaria, na que os responsables do club someterán a aprobación a rendición de contas e a liquidación do exercicio económico da temporada 2022/23 así como o balance deportivo desta mesma campaña. A xuntanza comezará ás 20 horas en segunda convocatoria. A seguinte asemblea está fixada para as 21.30 horas en segunda convocatoria e terá como único punto da orde do día a apertura do proceso electoral para a escolla dun novo presidente, logo da conclusión do actual período de catro anos con Manolo Abalo á fronte do Arousa.