
O Concello de Vilagarcía confirma a conclusión do episodio de contaminación micribiolóxica no areal
15 sep 2023 . Actualizado a las 20:37 h.O episodio de contaminación microbiolóxica detectado nas últimas horas na praia do Preguntoiro, en Vilaxoán, deuse por conluído este venres, tras recibir os resultados da analítica realizada o día anterior polo departamento de Sanidade da Xunta. O comunicado confirma que as augas regresaron aos parámetros de calidade normais, polo que o baño volve a estar permitido dende este mediodía.
A contra análise da mostra tomada o xoves pon de manifesto que o incremento da concentración de e-coli por riba dos niveis permitidos respondeu a unha situación puntual e pasaxeira.