Ofertan 20 prazas de auxiliares de policía local en Vilagarcía, Cambados, O Grove, A Illa e Meaño

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

MARTINA MISER

Poden aspirar aos postos de traballo personas maiores de idade con residencia legal en España e o título da ESO, sen antecedentes penais por delito doloso

20 mar 2024 . Actualizado a las 20:05 h.

A Xunta, a través da súa Vicepresidencia Primeira, abriu onte o prazo de dez días hábiles para a inscrición daquelas persoas que desexen aspirar a un contrato laboral temporal de auxiliar de Policía Local en 32 concellos de Galicia. Entre eles, cinco do Salnés, con 8 prazas por adxudicar en Vilagarcía de Arousa, 4 en Cambados, outras 4 no Grove, 3 na Illa de Arousa e 1 en Meaño.

Para poder optar a estes postos é preciso o cumprimento de cinco requisitos. Ter cumpridos os 18 anos e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa. Ter a nacionalidade española ou dun Estado membro da UE, ou ben ser estranxeiro con residencia legal en España. Ter superada a educación secundaria obrigatoria, título de graduado escolar ou equivalente correspondente ao subgrupo C2. Non ter sido despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou de cargos públicos por resolución xudicial. E por último, carecer de antecedentes penais por delito doloso. Toda a información do proceso figura no Diario Oficial de Galicia deste luns.