O extravío do 83085 obriga á administracion de lotaría de Carril a anular o número no sorteo deste sábado
VILAGARCÍA DE AROUSA

A mesma cifra, que emprega a comisión de festas de Castroagudín, valerá para o sorteo do 7 de setembro
02 ago 2024 . Actualizado a las 05:00 h.A administración de lotarías de Carril vén de constatar a pérdida do boleto que se xogaría este sábado co número 83085. Ademais de ter que anular esta serie de décimos para o sorteo deste sábado, 3 de agosto, dende o local queren facer chegar aos compradores as desculpas por este suceso e comunicar o emprego do mesmo número no sorteo que se celebrará o 7 de setembro, cun valor de 15 euros igualmente.
Foi un erro da empresa de loxística encargada de transportar o número o que precipitou esta decisión. O 83085 era o número que a comisión de festas de San Roque de Castroagudín, xogaba para recadar fondos. O sorteo, polo tanto, será o do 7 de setembro, non o deste sábado.