EU solicita un cambio no combate naval de San Roque do 2025

Raquel Cocaño, B.C. VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

Solicitan ao goberno local que explore a posibilidade de mudar o actual modelo por un espectáculo de drons luminosos

05 ago 2024 . Actualizado a las 18:57 h.

Dende o grupo municipal de EU de Vilagarcía solicitan ao goberno local  que estudie a posibilidade de explorar que nas festas de San Roque do 2025 se cambie o formato do combate naval, pasando do tradicional espectáculo pirotécnico a un novo formato visual aéreo de drons luminosos acompañados de música. Dende o grupo aseguran atender ás peticións veciñais ao respeto de reducir a contaminación sonora provocada polos fogos de artificio. Tal e como afirman, «este tipo de evento poría a Vilagarcía na vangarda pero, ademais, suporía apostar por un evento máis respectuoso co medio, ecolóxico e inclusivo».