Punto final ao Fantasio na Rúa coa proxección do Pinocho de Guillermo del Toro
VILAGARCÍA / LA VOZ
VILAGARCÍA DE AROUSA
O visionado terá lugar o próximo mércores ás 22 horas no campo da Festa
12 ago 2024 . Actualizado a las 12:55 h.O programa da concellería de Xuventude, o Fantasio na Rúa, pon este mércores peche na parroquia de Cea á edición deste 2024 coa proxección da película Pinocho, de Guillermo del Toro. Trátase dunha versión musical en animación stop motion do famoso conto de boneco de madeira, ambientada na Italia fascista durante a década do 1930. A sesión terá lugar ás 22 horas no Campo da Festa.
O programa de cine na rúa incluíu este ano catorce proxeccións en outros tantos barrios e parroquias de toda Vilagarcía cos obxectivos de proporcionar divertimento, achegar a cultura á veciñanza de cada zona e dinamizar diferentes lugares do municipio. Desenvolveuse entre o 16 de xullo e o 14 de agosto.