Medra a afluencia turística en Ribadumia con 2.531 visitas en xullo e agosto

Raquel Cocaño, B.C. RIBADUMIA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

MONICA IRAGO

Tanto nacionalidades americanas como asiáticas, ademais das nacionais, pasaron polo municipio para gozar das vacacións de verán

06 sep 2024 . Actualizado a las 17:39 h.

Segundo a información que obra na base de datos da oficina de turismo de Ribadumia, 1.243 persoas fixeron uso deste servizo en xullo, das cales 380 foron visitantes internacionais e 863 nacionais e de acordo ao que indican dende o Concello.

En canto ao perfil dos usuarios, 1.021 foron peregrinos, 42 excursionistas e 180 turistas. A franxa horaria máis frecuentada foi de 8.30 horas a 14 horas, recibindo neste período a unhas 1.172 persoas, sendo o resto en horario de 14 horas a 16.30 horas.

En canto aos visitantes de procedencia internacional, Portugal foi o país do que máis visitas se recibiron, cun total de 74 persoas, seguido de EUA con 53 e de Italia con 47. Nesta liña seguen Polonia con 34, Bélxica con 26 e Taiwán con 22. En cantidades inferiores, pasaron persoas procedentes de República Checa, Dinamarca, Alemaña, Australia, Canadá, Rumanía, México, Armenia, Malasia, Brasil ou Singapur.

En canto ao turismo de ámbito nacional, 341 visitantes procedían de Andalucía, seguido de Madrid con 146 e Valencia con 136. Tamén hai constancia de persoas procedentes de Castela, León, Cataluña, País Vasco, Estremadura, Baleares, Canarias ou Asturias.

No mes de agosto recibíronse 1.288 persoas, das cales 327 foron visitas internacionais e 961 nacionais. O perfil maioritario correspondeuse a peregrinos (892), seguido de turistas (357). A franxa horaria con máis visitas foi a de mañá.

No relativo á procedencia internacional, o país que máis visitou o Concello en agosto foi Italia con 114 persoas, seguido de Portugal con 60 e EUA con 29. A nacional, esta vez, é característica con Andalucía e os seus 287 visitantes, seguido de Madrid con 166 e Castela con 152.