Ana Abuín suma un ouro e unha prata nacionais ao seu palmarés
VILAGARCÍA / LA VOZ
VILAGARCÍA DE AROUSA

A atleta vilagarciá volveu brillar no lanzamento de martelo
26 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A atleta vilagarciá Ana Abuín vén de engordar o seu brillante palmarés como deportista de categorías veteranas. Desta volta, cunha medalla de ouro e outra de prata no Campionato de España Master de Lanzamentos Longos.
En Durango, Biscaia, Abuín, que se estreaba nas filas do Samertolameu de Moaña, foi a atleta do seu grupo de idade que lanzou o martelo máis lonxe, ata os 22,52 metros, establecendo ademais novo récord do campionato. Na especialidade de martelo pesado rematou segunda, cun mellor intento de 8,51 metros.