Villamediana finaliza sétima o Campionato de España Júnior de Judo

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

03 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Acudía con toda a ilusión do mundo logo de proclamarse por segundo ano consecutivo a mellor do Sector Oeste, paso intermedio entre o Campionato Galego e o Campionato de España Júnior de Judo. Pero na súa segunda participación na cita nacional da súa actual categoría, a vilagarciá do Judo Club Pontevedra-Gimnasio Squash Vilagarcía Leyre Villamediana non puido pasar o pasado sábado do sétimo posto final no Pabellón Navarra Arena de Pamplona.

Leyre Villamediana arrincou a cita estatal con dúas vitorias, fronte a madrileña Inés Arriero e despois contra a valenciana Martina Obrador. Pero no seu cruce de cuartos de final, a madrileña Claudia Morales, terceira do ránking nacional, cortoulle á arousá o camiño cara a final polo título. Comezou ben Villamediana a repesca, superando a andaluza Marina Marín, pero acto seguido volvía ser derrotada por unha rival de Madrid, Beatriz Martínez.