Rubiáns homenaxeou as nais máis lonxevas

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

CEDIDA

A asociación de veciños O Souto conmemorou o Día da Mai cun mercadiño de artesanía e unha mostra de fotografías familiares

06 may 2025 . Actualizado a las 20:20 h.

A asociación O Souto, de Rubiáns, conmemorou o Día da Nai coa segunda edición do seu mercadiño de artesanía, unha exposición de fotografías que cederon os propios veciños e, por riba de todo, unha homenaxe ás mulleres máis lonxevas da parroquia. Mulleres que cumpriron xa os noventa anos e constitúen un exemplo de vida, traballo e esforzo. Mulleres coma Carmen Abalo, que roza xa os cen anos, Dolores Daponte, María Fiel, Manuela Quiroga ou Nieves Veiga. Todas elas recibiron un pequeno pero emotivo agasallo da súa xente: unha placa que decoraron os usuarios de Con Eles.