O Arousa xógase a unha carta o aprobado do curso e a opción de ir a pola matrícula

Pablo Penedo Vázquez
Pablo Penedo VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

martina miser

Debe derrotar o Alondras para non depender do que faga o sorprendente Noia

10 may 2025 . Actualizado a las 22:46 h.

A Liga de Terceira División chega na mañá do domingo á súa fin coa disputa, en horario unificado con inicio ás 12.00 horas, da totalidade da súa trixésimo cuarta xornada. Un punto final para o groso dos 18 equipos do grupo galego da categoría. Un punto e seguido para o Arousa se os homes de José Luis Lemos fan os deberes na Lomba fronte ao Alondras. Un empate bastaríalle ao cadro local, quinto con 54 puntos, para superar o conxunto cangués, sétimo con 51 e que sobrepasaría o Arousa gañando hoxe en Vilagarcía. O problema da opción das táboas para o inquilino da Lomba é que pasaría a depender de que o Noia, sexto con 52 puntos e o golaveraxe ao seu favor, non lle venza a domicilio ao pechacancelas e xa descendido Betanzos para non quedarse fóra da promoción de ascenso á Segunda RFEF. Toca, pois, gañar.

«Estos son los partidos bonitos a estos niveles del fútbol, en los que juegas para poder clasificarte para un play-off o por un ascenso, es lo que todos buscamos en estas categorías», declaraba na véspera o adestrador do Arousa en rolda de prensa. 

Lemos salienta que o seu equipo vén de «la mejor semana de trabajo desde que estoy aquí, con ganas de resolver las cosas bonitas que quedan». E é que, engade, «cuando estás tantas jornadas consecutivas teniendo que ganar y estar pendiente de otros y llegas a la última sabiendo que dependes de ti, de una forma te libera, hace que te concentres más en lo tuyo; el resto no importa».

Dos tres equipos metidos na pelexa pola última praza con dereito a participar na promoción de ascenso, só o Arousa depende de si mesmo antes do asubío inicial da derradeira xornada de Liga. E iso, grazas aos tres triunfos e un empate que encadea, a mesma xeira que loce o Noia e unha tendencia diametralmente oposta a dun Alondras en caída libre desde hai máis dun mes, con tres empates e outras tantas derrotas no seu casilleiro na súa última media ducia de comparecencias no campionato da regularidade. E iso «siempre es complicado a nivel anímico», sinala Lemos.

Con todo, e inda dando por «olvidada» a fraxilidade do Arousa na Lomba tras as vitorias nos seus dous anteriores partidos como local, o técnico arlequinado advirte de que o Alondras virá queimar o seu último cartucho. Por iso, di: «Espero un partido típico de cuando te juegas cosas importantes, a veces con imprecisiones, con tensión, con momentos en los que tocará sufrir, y momentos en los que estoy seguro de que vamos a hacerlo bien, que vamos a hacerle daño al rival y a acertar». Conseguilo pasa por «ser un equipo agresivo, apoyándose en la afición, que está con nosotros a muerte», declara Lemos, que para este último encontro optou por unha convocatoria moi longa, con todos os seus xogadores séniores agás Dani Sánchez, o central canterano ao que esta semana lle confirmaron que se perderá o que resta de 2025 tras diagnosticárselle a rotura do ligamento cruzado do seu xeonllo dereito. Pero tamén cos catro xuvenís que participaron da vitoria, in extremis, sobre o Viveiro o Xoves Santo que devolveu os vilagarciáns á pelexa por unha praza na promoción. Algún destes últimos tivo problemas para poder participar nos adestramentos con Lemos esta semana polas súas obrigas académicas, pero «son parte importantísima de esta plantilla y del club», resalta o estratega do Arousa.

Antes de Lemos comparecía na sala de prensa do Arousa Antón Concheiro. O home que co seu gol no minuto 95 de partido ante o Viveiro devolveu á vida o cadro vilagarcián sinala: «Tenemos una final». Nela, «los dos equipos nos lo jugamos todo», polo que, di Concheiro, «espero un partido cerrado, de muchas disputas, de muchos duelos». Un partido no que «hay que tener pocos errores» e no que «se tiene que notar desde el principio que el que está en mejor situación somos nosotros. Que el Alondras vea que va a sufrir mucho con nuestra gente».

O Arousa ten un auténtico exame final. Superalo e clasificarse para a fase significará asegurar o aprobado e poder ir pola matrícula en forma de ascenso, o obxectivo marcado este curso polo club.