Fernando Quintela presenta a serea pegada da «Introspección»
VILAGARCÍA / LA VOZ
VILAGARCÍA DE AROUSA
A exposición de pintura pode contemplarse na sala de mostras do auditorio de Vilagarcía ata o 24 de xullo
20 jun 2025 . Actualizado a las 16:32 h.Paisaxes de luz e cor capaces de transmitir unha sensación de sereno fluír. Escenas apenas intuídas que invitan a suspender a desacougante velocidade do cotiá para rebuscar nun mesmo ancoraxes firmes, con vocación de permanencia e un xermolo procedente, probablemente, de tempos máis felices. Todo isto está presente en «Introspección», a nova colección das súas pinturas máis recentes que Fernando Quintela presentou onte na sala de exposicións do auditorio de Vilagarcía. Tempo de verán amplo para gozar dunha mostra que se algo require é un chisco de acougo e unha ollada limpa. Ata o 24 de xullo.