A Festa da Ameixa de Carril galardoa este ano a Ramiro Carregal

María Santamaría / R. E. CARRIL / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

MARTINA MISER

As papeletas das racións para a festa poden adquirise xa a través de Internet

01 ago 2025 . Actualizado a las 20:19 h.

O domingo 10 de agosto celebrarse en Carril a edición número 30 da Festa da Ameixa e a confraría recoñece, como todos os anos, a algúns dos veciños máis destacados do pobo. Este ano entre os galardoados están dous veciños do pobo.

Ramiro Carregal é descrito pola confraría como un «traballador incansable e un pioneiro no mundo conserveiro». A súa familia conta con parques de cultivo en propiedade e el colabora con ata 66 asociacións sociais, culturais, deportivas e de investigación en Medicina.

O Centro de Investigacións Mariñas celebra este ano o seu 50 aniversario e exáltase o seu traballo de investigación e coidado do mar. O colectivo sen ánimo de lucro LimpaArousa, que axuda á natureza da zona a través de limpezas nas praias e na costa, tamén será honrado. Josefa Araujo Crespo, de 96 anos e nativa de Carril, traballou no mar dende moi pequena e «foi ao mar ata que as pernas non a deixaron», relatan dende a confraría nun resume dos méritos que acreditan o seu recoñecemento.

As papeletas das racións para a festa poden adquirise xa a través de Internet ou o sábado 9 na praza de Galicia, onde se habilitará un posto. Tamén se poderán comprar nos postos o propio día da festa.