 
	
											Os usuarios do centro de día xogaron na praia
18 sep 2025 . Actualizado a las 13:06 h.Os usuarios de cinco centros de día da comarca —Abrente, Lembranzas, Mimosas, Bosque dos Desamparados e Arousa— e mais os da residencia Divina Pastora cambiaron onte as paredes do seu habitual punto de encontro pola area da praia da Concha, en Vilagarcía de Arousa. A razón, as Olimpíadas coas que os traballadores de Bosque dos Desamparados, organizadores da iniciativa, os animan a probar as súas habilidades en boa lid ao tempo que pasan unha tarde do máis divertida. Unha cita que máis dun agardaba con impaciencia, por canto o mal tempo obrigara antes a adiar por dúas veces a data desta nova edición deportiva.