Isabel Soto reivindica o uso correcto das palabras na recollida do Plácido Castro
VILAGARCÍA / LA VOZ
VILAGARCÍA DE AROUSA

Entre os exemplos que utilizou a gañadora do certame de tradución figuraba o termo xenocidio
28 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A tradutora Isabel Soto recibiu este sábado en Vilagarcía o Premio Plácido Castro de tradución, dotado con 3.000 euros e unha peza escultórica de Xaquín Chaves. Soto quixo aproveitar a ocasión para reivindicar o uso correcto das palabras, poñendo como exemplo «xenocidio». Ante un auditorio no que había escritores e editores, fixo tamén unha defensa do uso do galego, para que o pediu respecto. Igualmente, gabou a figura de Plácido Castro. O alcalde, Alberto Varela, ademais de felicitar a Soto polo premio e o seu brillante discurso, expresou o seu convencemento de que máis pronto que tarde o intelectual, tan ligado a Vilagarcía, pero tamén a Corcubión ou Cambados, será o protagonista do Día das Letras Galegas.