
O anuncio da adquisición de solo en Baión doutras dúas empresas vilagarciás resulta unha boa noticia segundo se mire
01 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O anuncio da adquisición de solo doutras dúas empresas de Vilagarcía de Arousa no polígono vilanovés de Baión ofrece unha dobre boa noticia. Dun lado, a actividade de Impex Europa e de Distribución Industrial M. Coello vai tan ben como para. Tamén, que dúas empresas do Salnés optan por seguir facendo camiño sen saíren da comarca. Outra cousa é cando a ollada parte de Vilagarcía: Ninguén con mando en praza quere ver que a anunciada ampliación do polígono do Pousadoiro vai moi tarde, e que cando estea rematada, o fará coa metade da metade dos metros cadrados que o concello precisa para as súas empresas e as que puideran querer vir de fóra con centos de empregos industriais?