«The Book of Sijjin and Illiyyin», mellor película e dirección de longos do Curtas

P.P. Vázquez VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

Premiados de honra do Curtas xunto co director do festival, Luis Miguel Rosales, e representantes do Concello de Vilagarcía
Premiados de honra do Curtas xunto co director do festival, Luis Miguel Rosales, e representantes do Concello de Vilagarcía Martina Miser

Colby Minifie, coñecida por formar parte do reparto das series Fear the Walking Dead e The Boys, premio á mellor actuación

02 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O xurado da 53.ª edición do Curtas Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa encumbrou a The Book of Sijjin and Illiyyin como gran triunfadora no palmarés reservado para longametraxes. A produción indonesia leva os premios á mellor película e á mellor dirección, recoñecemento este último personalizado en Hadrah Daen Ratu, de quen os integrantes do xurado, a xornalista e programadora Aida Solé, a xornalista e historiadora cinematográfica estadounidense Heidi Honeycutt e o director do Panic Festival A Estrada, Pedro Pérez, salientan «ha conseguido crear un universo espectacular que nos introduce en las creencias, rituales de magia negra y demonios de la religión musulmana con una claridad en su discurso». 

Os responsables das premiacións desta edición do Curtas salientan do filme indonesio o seu «relato deudor del cuento de La Cenicienta, con un giro macabro. También la perfección de los efectos visuales, la variedad de atmósferas, jumscares, rituales, gore, los tradicionales bichos del terror indonesio, el bodyhorror y todo tipo de herramientas propias del cine de terror para rematar en una, muy pocas veces vista, escena de exorcismo de la religión musulmana y en el nombre de Alá». 

O palmarés no apartado de longametraxes complétano Colby Minifie, integrante do reparto de series como Fear the Walking Dead ou The Boys, premio á mellor interpretación polo seu traballo na canadiana The Surrender, a estadounidense Hold the Fort, premio Roberto Camba aos mellores efectos especiais, visuais ou cinematografía, a arxentina Los ojos del abismo, premio especial do xurado internacional, e a brasileira Consecuencias Paralelas, que recibiu o galardón á mellor longametraxe latinoamericana.  

A cerimonia de premiación do Curtas daba paso onte á noite ao acto de clausura da 53.ª edición do festival. Logo de nove intensos días, que hoxe teñen o seu epílogo coas últimas proxeccións de longos e a derradeira xornada da feira de artesanía e obxectos curiosos, a organización do certame fixo gozar os centos de asistentes á gala no Auditorio de Vilagarcía do espectáculo que, nunha mestura de cinema, de teatro e de música en directo, ofreceu A noite dos mortos ao vivo coa actuación da Orquesta Clásica de Vigo. E nas butacas, coma nenos con zapatos novos, o director Marcus Nispel, a actriz Diana Peñalver e o especialista en efectos especiais Arturo Balseiro, cos premios honoríficos que lles concedeu o festival acompañándoos.