De Vacas premia o traballo de Igualdade do IES do Carril cun concerto

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

A actuación foi financiada pola Deputación de Pontevedra coma galardón polo concurso que o centro gañou o ano pasado

13 nov 2025 . Actualizado a las 19:16 h.

O ano pasado, o Comando Igualdade do instituto do Carril, en Vilagarcía, acadou o primeiro premio do concurso de Igualdade aberto pola Deputación de Pontevedra. Difícil imaxinar un mellor agasallo có que todos os alumnos do centro foron recompensados: un concerto que o grupo De Vacas ofreceu este xoves á mañá, sen deixar a ninguén fóra.

Foron tres pases de 25 minutos, un en cada andar do centro, nos que a rapazada e o profesorado tiveron tempo de escoitar as pezas máis emblemáticas do seu repertorio «e tamén para falar da importancia de liberar a mocidade de tabús e prexuízos».

Formado por alumnado da ESO, o comando do Carril traballa arreo co fin de concienciar a sociedade e reclamar igualdade para todas as persoas.