Xulio del Prado faise cun Open McDonald?s con 220 participantes no Auditorio de Vilagarcía

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

Unha das salas de xogo habilitadas no Auditorio de Vilagarcía para acoller as partidas dos 220 participantes no Open McDonald's.
Unha das salas de xogo habilitadas no Auditorio de Vilagarcía para acoller as partidas dos 220 participantes no Open McDonald's. Elena Fernández

O xadrez encheu cada recuncho do recinto durante toda a xornada do sábado

02 dic 2025 . Actualizado a las 21:23 h.

Nin un alfinete cabía o pasado sábado nos corredores e nas salas do Auditorio de Vilagarcía, ateigados con decenas de mesas de xogo coroadas de taboleiros nos que 220 xadrecistas disputaron a derradeira proba federada de Galicia neste 2025 en retirada.

O Mestre FIDE Xulio del Prado fíxose co título do Open McDonald’s tras completar as súas sete roldas invicto, con Manuel Cernadas segundo e con Óscar Fernández pechando o podio, rematando o local Luca Rey no cuarto posto.

Nas categorías base do torneo organizado polo Club Xadrez Fontecarmoa, derradeira proba puntuable para o Circuíto Galego de Promoción, o pontevedrés Martín Lema gañou a categoría promesas, Yago Brea, do Xadrez Mos, a benxamín, Javier Lema, do EX Pontevedra, a alevín, e Mateo Pérez, do Lucena de Vigo, a infantil.